InicioVigo e contornaVigoAdif adxudica o mantemento enerxético dos tramos Ourense-Santiago e Vigo Urzáiz-A Coruña

Adif adxudica o mantemento enerxético dos tramos Ourense-Santiago e Vigo Urzáiz-A Coruña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif informou este martes da adxudicación do contrato para o servizo de mantemento das instalacións do telemando de enerxía dos tramos Ourense-Santiago (Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade) e Vigo Urzáiz-Santiago-A Coruña (Eixo Atlántico de Alta Velocidade).

O contrato foi adxudicado a Schneider Electric España por 1.277.581,69 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 36 meses. A adxudicación inclúe o mantemento preventivo (cíclico, segundo estado, predictivo e extraordinario), así como o correctivo.

O obxectivo da actuación é “manter en perfecto estado de conservación e funcionalidade os sistemas e equipos que compoñen os postos centrais, subestacións, centros de autotransformación e telemando”, dixo Adif a través dun comunicado, “garantindo ao mesmo tempo a seguridade do subsistema”.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...