O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, afirmou este mércores que é “imprescindible” que Pedro Sánchez sexa investido presidente do Goberno “este mesmo mes” para que se inicie a redacción dos novos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) e os municipios poidan ter “perspectiva” respecto da asignación que lles corresponderá.
Preguntado polos medios tras unha rolda de prensa en Vigo, insistiu en que, para iso, é “importantísimo” que España conte cun “goberno estable” que, ao seu xuízo, debe estar dirixido polo líder socialista e actual presidente do Goberno.
Nesta liña, remarcou a necesidade de que a sesión de investidura fixada para a próxima semana conclúa con Pedro Sánchez como presidente do Goberno co obxectivo de que se inicie “inmediatamente” a redacción do PGE.
Deste xeito, destacou que os concellos precisan coñecer as “accións de investimento” das que disporán, así como cal será o “incremento” da asignación incluída no capítulo referido ás entidades locais.