InicioEconomíaO estaleiro vigués Vulcano presenta a súa solicitude de liquidación

O estaleiro vigués Vulcano presenta a súa solicitude de liquidación

Este luns presentouse a solicitude de liquidación no Xulgado do Mercantil número 3.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este luns presentouse a solicitude de liquidación do estaleiro vigués Vulcano no Xulgado do Mercantil número 3 da cidade olívica. Segundo confirmaron fontes sindicais e do comité de empresa coñecedoras da situación, a orde efectuouse este luns pola mañá, cando tivo lugar unha reunión da xunta de accionistas.

Ata o momento non se fixo pública ningunha oferta para adquirir o estaleiro vigués, aínda que varias fontes apuntaron á posibilidade de que exista algún investidor interesado.

Os sindicatos trasladaran con anterioridade que a única opción que contemplaban para que fose posible a supervivencia de Vulcano era, precisamente, a liquidación. Tamén remarcaran que a súa prioridade pasaba polo mantemento da unidade produtiva e os postos de traballo.

A semana pasada, Vulcano fixo entrega do ‘Villa de Teror’ a Transmediterránea tras varios atrasos da data, que, en principio, fora fixada para finais de maio. Deste xeito, o ferri foi trasladado a Andalucía para cubrir unha ruta entre Motril (Almería) e Nador (Marrocos).

Esta demora sumouse á acumulada durante a detención da construción do buque, que tivo lugar entre finais de 2018 e principios de 2019. Con todo, un acordo alcanzado na Xunta nunha reunión á que asistiron representantes do comité de empresa, sindicatos, o estaleiro, Pymar, Xesgalicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) permitiu retomar os traballos a finais de marzo.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...