InicioSucesosDetido o cliente dun local de Vigo que ameazou a unha camareira...

Detido o cliente dun local de Vigo que ameazou a unha camareira e agrediu a un policía

A empregada contou que o home a ameazara por negarse a servirlle alcol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home que ameazou á camareira dun local da cidade, porque esta se negou a servirlle alcol, e que agrediu a un dos axentes que interveu para identificalo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste luns, nun local de hostalaría da rúa Ramón Neto, onde acudiu unha patrulla para intervir nun altercado. Ao chegar, unha empregada do establecemento explicoulles que un dos clientes, que nese momento se atopaba na terraza, a ameazara pola súa negativa a servirlle alcol, xa que se atopaba ebrio.

O home chegou a romper un vaso contra a barra do local e tentou agredir á camareira, aínda que varios clientes se interpuxeron para evitar o ataque. Cando os axentes se dispuñan a falar con el para aclarar o sucedido, este, sen mediar palabra, levantouse bruscamente, encarándose cos funcionarios e negándose a facilitar ningún dato.

Nun momento dado, propinou unha forte puñada no peito a un dos policías, polo que foi detido e posto a disposición xudicial como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...