InicioSucesosUn ferido en Teis tras unha colisión entre dous vehículos

Un ferido en Teis tras unha colisión entre dous vehículos

O operativo contou coa intervención do persoal 061, dos bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida este sábado tras sufrir unha colisión co turismo no que viaxaba ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Teis, en Vigo.

Foron varios os particulares que contactaron co 112 ao redor das 11,15 horas para informar dun accidente entre dous turismos na AP-9V, á altura do quilómetro 10, dirección Teis. O accidente produciuse cando un dos vehículos impactou contra un turismo que acababa de sufrir unha avaría nunha das rodas, apunta o 112.

O operativo contou coa intervención do persoal 061, dos bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...