O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este mércores, coincidindo coa xornada de folga de médicos de Atención Primaria en Galicia, o seu apoio a este colectivo, e subliñou que tanto el como o seu equipo comparten os “obxectivos” da protesta.
Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lembrou que os facultativos “piden máis medios e máis tempo para os seus pacientes”, e apuntou que, na cidade de Vigo, “desde que chegou Feijóo, hai menos centros de Atención Primaria”. “Non só parou o cinco que tiña previstos o anterior goberno, senón que pechou o de Beiramar”, subliñou.
O alcalde tamén volveu a incidir en que, dez anos despois da cesión dos terreos, a Xunta non construíu o centro de saúde en Bouzas. Na parcela, denunciou, “só hai maleza e sucidade” porque “nin sequera a limpan”.