InicioSociedadeRenfe ofrecerá un 35% de desconto nos trens para acudir a eventos...

Renfe ofrecerá un 35% de desconto nos trens para acudir a eventos en Vigo

A oferta será válida para congresos ou feiras de carácter profesional que reúnan a máis de 75 persoas que utilicen o tren como modo de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de Renfe, Isaías Táboas, e o alcalde en funcións de Vigo e presidente da Fundación Vigo Convention Bureau, Abel Caballero, asinaron un acordo que permitirá ofrecer descontos dun 35 por cento en billetes para acudir a eventos da fundación na cidade.

Así o trasladou este xoves Isaías Táboas, que mantivo unha reunión na urbe olívica con Abel Caballero e apuntou que se trata dun acordo que xa se alcanzou “en anos anteriores”. Así mesmo, o presidente de Renfe sinalou que, a través destes encontros, o operador busca solicitar as opinións dos rexedores sobre a “mobilidade” nas súas cidades. Tamén explicou que, durante a reunión, o rexedor expúxolle os proxectos que esboza para o futuro da cidade.

En concreto, este convenio estará vixente ata o 31 de decembro deste ano e, en virtude do mesmo, ambas as entidades comprometéronse a promocionar a Renfe como o transportista oficial dos eventos.

O desconto poderase aplicar en todas as clases de trens e en todos os percorridos nacionais despois de solicitalo na páxina web de Renfe. A oferta será válida para congresos ou feiras de carácter profesional que reúnan a máis de 75 persoas que utilicen o tren como modo de transporte.

AVARÍA NO TREN HOTEL

Por outra banda, abordaron a avaría que sufriu un tren hotel que realizaba un traxecto de Vigo a Barcelona esta semana e que levou un atraso de dúas horas e media. O presidente de Renfe indicou que se atoparon fallos en convertidores, polo que se remodelarán todas as locomotoras do operador “para asegurar que incidentes como ese non se produzan”.

Noutra orde de cousas, preguntado polos medios, Isaías Táboas sinalou que, durante a última reunión con Comboios de Portugal analizouse a conexión ferroviaria de Galicia co Porto. Aínda que confirmou que Arriva foi autorizada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para explotar a liña que uniría A Coruña, Vigo e a cidade lusa, apuntou que o seu desenvolvemento non poderá realizarse a “curto prazo”, xa que depende do das “infraestruturas”.

Deste xeito, insistiu na importancia de ofrecer un “produto competitivo” que ofreza “comodidade” aos viaxeiros e insistiu no interese de Renfe por dar resposta á demanda de conexións.

Abel Caballero tamén remarcou a necesidade dunha conexión de alta velocidade de Vigo coa segunda urbe lusa a través do Corredor Atlántico. Ademais, o rexedor olívico puxo en valor o servizo de “gran calidade” que presta o operador ferroviario para conectar a cidade olívica e A Coruña.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...