InicioVigo e contornaVigoMarea de Vigo reclamará ter grupo municipal propio, a pesar de que...

Marea de Vigo reclamará ter grupo municipal propio, a pesar de que o regulamento do pleno esixe polo menos 3 edís

Di que non descarta "ningunha vía" para que se cumpla a lei.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo reclamará ter grupo municipal propio, a pesar de que o regulamento do pleno, aprobado en solitario polo goberno local de Abel Caballero en maio de 2016, establece un mínimo de tres edís para conformalo.

Nunha rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas, o portavoz de Marea e concelleira en funcións, Rubén Pérez, respondeu cun “rotundamente non” á cuestión de se estaría disposto a integrarse, xunto co segundo edil de Marea, nun grupo mixto (no que tamén estaría o único representante do BNG, Xabier P. Igrexas).

Rubén Pérez avanzou que reclamará ter grupo propio, para que se poida “visibilizar” o labor político de Marea de Vigo, e sinalou que, aínda que o regulamento do Pleno pon o límite mínimo en dous concelleiros, a normativa autonómica fixa un mínimo de tres representantes. “Sería a única cidade na que se fixese isto”, advertiu.

O portavoz de Marea lembrou que o seu grupo xa se opuxo a ese regulamento e sinalou que, se non se teñen en conta as pretensións desta formación, non descarta “ningunha vía” para defender os seus dereitos democráticos.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...