InicioPolíticaO BNG ve a súa volta ao Concello de Vigo como un...

O BNG ve a súa volta ao Concello de Vigo como un “éxito” e un “excelente punto de partida”

A formación nacionalista di converterse "nun asento ao servizo dos movementos sociais, que padecen unha política claramente autoritaria" por parte de Abel Caballero.

PUBLICADO O

O Consello Local do BNG en Vigo valorou como un “éxito” a volta da formación nacionalista ao Concello olívico, un paso que o concelleiro electo, Xabier Pérez Igrexas, ve como “un excelente punto de partida” para sumar a máis xente ao seu proxecto e reforzarse.

En declaracións trasladadas aos medios, Pérez Igrexas apostou por “consolidar o espazo político do BNG” en Vigo e avanzou que, nos próximos 4 anos, esta formación vai tecer “complicidades tamén fóra da Corporación”.

Así, incidiu, a formación nacionalista abordará un “intenso traballo a pé de rúa”, en “contacto permanente” co tecido asociativo de Vigo, de modo que a súa acta de concelleira converterase en “un asento ao servizo dos movementos sociais, que padecen unha política claramente autoritaria” por parte do goberno de Abel Caballero.

Así mesmo, confirmou que a próxima semana celebrarase unha asemblea local “aberta”, na que se trazarán as liñas de actuación do BNG para os próximos 4 anos, e abordaranse “medidas para reforzar organizativamente” á formación.

“Imos facer valer a nosa presenza coa maior intensidade e o maior traballo posibles”, proclamou, e agradeceu o apoio dos vigueses, que apostaron por “un proxecto aberto fronte ao permanente pimpampún e a incapacidade do goberno socialista para atender aos problemas reais da xente”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...