InicioSociedadePiden penas que suman 18 anos de cárcere para sete acusados de...

Piden penas que suman 18 anos de cárcere para sete acusados de explotar a traballadores portugueses en Vigo

Traballaban en condicións infrahumanas, sen aloxamento, sen atención sanitaria, e por salarios de 20 a 35 euros semanais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 18 anos de cárcere para sete cidadáns portugueses por explotar a varios compatriotas, aos que tiñan traballando en varios negocios de explotación de madeira en Vigo, sen respectar os seus dereitos laborais, e sen proporcionarlles as mínimas condicións de hixiene e seguridade.

Os acusados, F.S.M., C.A.B., F.M.A., J.J.P.B., M.A.A., M.N.A.A. e E.H.R., serán xulgados este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, como presuntos autores dun delito contra a seguridade e hixiene no traballo, e outro contra os dereitos dos traballadores.

Segundo o escrito de acusación pública, os acusados empregaron a varios traballadores lusos, que estaban en situación de vulnerabilidade e mesmo na indigencia no seu país, e explotábanos con xornadas de traballo de máis de 10 horas, durante seis días á semana, sen vacacións, e cun salario de ewqre 20 e 35 euros á semana.

Os traballadores explotados non dispuñan de ferramentas nin maquinaria adecuada para facer o seu traballo, eran acomodados en caravanas ou camións abandonados, non recibían atención sanitaria nin equipamento de seguridade. Tampouco se lles proporcionou formación, nin se lles deu de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e os acusados retíñanlles a súa documentación.

Estes operarios desenvolvían o seu labor ao aire libre, en zonas que carecían de orde e hixiene, polo que se puxo “en grave risco a súa integridade física e saúde”, segundo sostén a Fiscalía que, de feito, apunta que unha das vítimas sufriu a amputación dunha falanxe cando manipulaba unha serra.

PENAS

Por estes feitos, o ministerio público solicita que cada un dos acusados sexa condenado a 2 anos de cárcere por un delito contra a seguridade e hixiene no traballo, e ao pago dunha multa de 1.800 euros.

Ademais, aos procesados F.S.M. e á súa parella C.A.B., acúsaos tamén dun delito contra os dereitos dos traballadores, e pide para cada un deles dous anos cárcere a maiores, e o pago dunha multa de 3.000 euros. Por outra banda, a Fiscalía tamén solicita que se suspenda a actividade das empresas dos acusados por un período de 5 anos.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...