A Axencia Tributaria incautouse de 2.500 quilos de cocaína procedente de Sudamérica nun pesqueiro abordado no Atlántico Norte que está a ser trasladado ao Porto de Vigo.
Segundo avanzaron fontes próximas á investigación, o pesqueiro que portaba a droga foi interceptado esta semana en alto mar no Atlántico Norte polo buque ‘Fulmar’ de operacións especiais da Axencia Tributaria.
A operación, con varios detidos, foi levada a cabo pola Axencia Tributaria con colaboración internacional e coordinada por un xulgado da Audiencia Nacional.
Ao pesqueiro interceptado en alta mar foi transbordada a droga procedente de Sudamérica. A embarcación está a ser remolcada cara ao Porto de Vigo, onde ten prevista a chegada este luns 3 de xuño.