InicioSociedadeVigo acolle desde este xoves o 58 Congreso Nacional de Cirurxía Pediátrica

Vigo acolle desde este xoves o 58 Congreso Nacional de Cirurxía Pediátrica

Os cirurxiáns pediátricos do Chuvi realizan unhas 900 intervencións ao ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede de Afundación en Vigo acolle, desde este xoves e ata o sábado, o 58 Congreso Nacional de Cirurxía Pediátrica, que reunirá por primeira vez na cidade olívica a máis de 170 especialistas nesta materia.

As actividades deste congreso, no entanto, iniciáronse xa este mércores, coa celebración de dous cursos formativos no Chuvi: un sobre sutura laparoscópica avanzada, e outro sobre o uso de láser CO2 en cirurxía pediátrica, unha técnica que xa se emprega con adultos no complexo hospitalario vigués.

Durante as xornadas do congreso, exporanse 250 traballos científicos de máxima actualidade, e participarán relatores de recoñecido prestixio internacional de hospitais como o Miguel Servet de Zaragoza; o Gregorio Marañón, 12 de Outubro e A Paz de Madrid; Vall d’Hebron e Sant Joan de Deu de Barcelona; o Central de Asturias-Oviedo; o hospital Reina Sofía Córdoba; o Álvaro Cunqueiro de Vigo; A Fe de Valencia; entre outros moitos.

O evento constará de catro mesas redondas sobre os últimos avances en urología pediátrica, cirurxía plástica en pacientes menores de 15 anos, laparoscopia e cirurxía oncolóxica pediátrica.

ACTIVIDADE NO CHUVI

Segundo trasladou o Sergas, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), os cirurxiáns pediátricos realizan ao redor de 900 intervencións ao ano, e entre as operacións máis destacadas no último ano están as relacionadas con malformacións congénitas en pacientes de urología pediátrica.

O Hospital Álvaro Cunqueiro conta, ademais, cunha das unidades de recuperación de cirurxía pediátrica máis moderna, na que se implantaron criterios de humanización. Así, os pacientes poden estar acompañados polos seus familiares de forma permanente, tanto antes como despois da intervención.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...