InicioSociedadeO PP de Vigo apuntou a creación dunha cidade deportiva con...

O PP de Vigo apuntou a creación dunha cidade deportiva con piscina olímpica

A candidata Elena Muñoz destacou que se busca apoiar os clubs deportivos da cidade para que alcancen as máximas categorías e comprometeuse a fomentar o deporte base.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, avogou por construír unha cidade deportiva na urbe que conte cunha piscina olímpica, xa que, segundo asegurou, os veciños da cidade a demandan “desde hai anos”.

Ademais, detallou que no programa electoral da súa formación inclúese a construción de máis pavillóns deportivos nas distintas parroquias e barrios do municipio, así como que, unha vez que se finalicen as obras, se priorice a súa utilización por parte dos veciños.

Tamén propuxo a aplicación dun plan director de instalacións deportivas para “polas en valor” e permitir a súa utilización dun modo gratuíto. Deste xeito, detallou que se busca apoiar os clubs deportivos da cidade para que alcancen as máximas categorías e comprometeuse a fomentar o deporte base.

En canto ás subvencións municipais destinadas a equipos e agrupacións deportivas, incidiu na necesidade de adiantar a entrega do importe asignado e de que o mesmo non dependa do “humor” do edil responsable desta área. Así, incidiu na importancia de garantir a seguridade da concesión das axudas aos equipos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...