InicioEconomíaViaxes InterRías incorpora o programa Vigo Pesqueiro á súa oferta para aumentar...

Viaxes InterRías incorpora o programa Vigo Pesqueiro á súa oferta para aumentar as visitas ao porto olívico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación para a Pesca e o Marisqueo Fundamar e Viaxes InterRías asinaron este luns un convenio de colaboración que pretende multiplicar as visitas turísticas ao Porto de Vigo a través da inclusión do programa Vigo Pesqueiro na oferta de servizos do principal turoperador de grupos e circuítos de España.

O presidente de Fundamar, Javier Touza, e o director de Grandes Contas de Viaxes InterRías, Enrique Lorenzo, foron os encargados de subscribir o documento, co que se impulsará o turismo mariñeiro no Porto de Vigo.

Para iso, Viaxes InterRías comprométese a promover a visita de grupos de turistas para que coñezan de primeira man as instalacións portuarias e as actividades que se desenvolven nelas.

Esta acción, dixo Javier Touza, permitirá “achegar aos viaxeiros a unha industria, aos seus produtos, á historia e ao traballo de moitas persoas que dedican a súa vida ao mar, un traballo duro que estendeu o nome de Vigo e as súas empresas por todo o mundo”.

Pola súa banda, Enrique Lorenzo explicou que este convenio “amplía” o catálogo de servizos do turoperador con “un novo exemplo de turismo experiencial que contribúe tamén á desestacionalización do sector”.

Ademais dunha ruta a pé pola zona vella da cidade olívica, os turistas que contraten esta experiencia visitarán as instalacións portuarias (a lonxa, viveiros de mariscos e un buque pesqueiro). Posteriormente, desprazaranse en autobús ata a Vila Mariñeira de Bouzas, pasando polos estaleiros da emblemática Avenida de Costa e coñecendo o traballo e a industria que neles se desenvolve.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...