InicioSociedadeProposta do BNG de Vigo para crear tres novas escolas infantís municipais

Proposta do BNG de Vigo para crear tres novas escolas infantís municipais

O candidato nacionalista afirmou que as propostas da súa formación "daranlle un novo impulso á cidade" e mostrouse convencido de que o BNG será unha forza "determinante" na corporación local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Iglesias, defendeu a promoción do ensino público e apostou pola creación de tres novas escolas infantís municipais.

Xabier P. Iglesias, que se reuniu este venres con membros da Federación Olívica de Anpas (Foanpas), asegurou que, ademais de garantir a apertura de novas escolas infantís municipais, esixirá á Xunta que cre outros tres centros noutros puntos da cidade, segundo recolleu o BNG nun comunicado.

Tamén criticou a equiparación da promoción de centros de educación públicos e privados no portal web municipal e recalcou a necesidade de que o Concello de Vigo potencie a matriculación nas escolas públicas.

Así mesmo, afirmou que as propostas da súa formación “daranlle un novo impulso á cidade” e mostrouse convencido de que, tras as eleccións municipais do 26 de maio, o BNG será unha forza “determinante” na corporación local.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...