InicioSociedadeCriticas dos veciños de Teis contra Xunta e Concello de Vigo polo...

Criticas dos veciños de Teis contra Xunta e Concello de Vigo polo abandono do parque da ETEA

Criticaron os danos que se produciron no peche perimetral da pista de patinaxe, debido a uns traballos de poda realizados polo Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación de veciños de Teis criticou este mércores o abandono do parque público da ETEA por parte da Xunta e do Concello, e lamentou a “falta de coordinación e entendemento” entre ambas as administracións, que se traduce no mal estado e deterioración que presenta este espazo público.

A través dun comunicado, a entidade veciñal volveu a denunciar a situación do parque infantil e a pista de patinaxe, con zonas verdes descoidadas, papeleiras cheas de lixo e outros danos, nunha zona que é responsabilidade da Xunta de Galicia.

Por outra banda, criticaron os danos que se produciron no peche perimetral da pista de patinaxe, debido a uns traballos de poda realizados polo Concello.

A asociación de veciños, que xa se dirixiu á Xunta e ao Concello para expor os problemas, incidiu en que “o lóxico” sería que a administración municipal asumise o mantemento desa zona.

Ademais, lamentou a “falta de coordinación e entendemento” entre Concello e Xunta, “que non é a primeira vez que se produce na ETEA”, e vese “con claridade” no estado de “abandono” do parque.

ÚLTIMAS

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...