InicioSucesosA Policía busca a un home armado que atracou unha sucursal bancaria...

A Policía busca a un home armado que atracou unha sucursal bancaria do centro de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional busca a un home que, ao mediodía deste luns, atracou unha sucursal do Banco Caixa Geral, en pleno centro de Vigo, de cara e ameazando ao persoal para que lle entregasen o diñeiro.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar sobre as 12,00 horas deste luns, cando este home entrou na sucursal, situada no número 5 da céntrica rúa Policarpo Sanz.

De cara, ameazou aos empregados do banco dicindo que levaba un arma oculta, aínda que non chegou a exhibila, e estes entregáronlle o diñeiro que había neses momentos no mostrador da oficina.

O sospeitoso fuxiu a pé do lugar e, tras recibir o aviso, a Policía Nacional activou o protocolo de atracos e deu aviso a todos os indicativos dispoñibles para localizar ao ladrón. Ao operativo de busca sumouse tamén un helicóptero.

Durante o atraco non se produciron danos persoais e tampouco transcendeu o botín que levou o sospeitoso, un dato que se coñecerá a última hora da mañá, cando os empregados da sucursal realicen o arqueo de caixa.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...