InicioSociedadeCondenado o hostaleiro vigués acusado de abusar sexualmente de varios menores

Condenado o hostaleiro vigués acusado de abusar sexualmente de varios menores

Os feitos tiveron lugar entre 2015 e 2017 cando o acusado, segundo a Fiscalía, aproveitouse do seu traballo á fronte dun restaurante na zona de Montero Ríos para atraer a mozos e establecer contacto con eles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 36 anos de cárcere ao hostaleiro vigués, coñecido como ‘Papuchi’, por abusar sexualmente de varios mozos, algúns menores de idade.

O tribunal considerou a este hostaleiro autor de dez delitos de abusos sexuais con prevalimiento, tres delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16 anos, un delito de abuso sexual sobre menor de 16 anos e dous delitos de abuso sexual sobre maior de 16 anos; e resolveu absolvelo de dous delitos de exhibición de pornografía ante menores, dos que viña sendo acusado.

Os feitos tiveron lugar entre 2015 e 2017 cando o acusado, segundo a Fiscalía, aproveitouse do seu traballo á fronte dun restaurante na zona de Montero Ríos para atraer a mozos e establecer contacto con eles. Para gañarse a súa confianza, ofrecíalles paseos no seu iate e no seu coche deportivo. Este hostaleiro foi detido en abril de 2017.

O tribunal considera probado que o acusado, que contactaba cos menores no local ou a través de redes sociais, se gañaba a confianza dos mozos convidándoos a cear no seu establecemento, levándoos de paseo no seu iate, ou nalgún dos coches de alta gama que adoitaba conducir.

Así mesmo, entende probado que este hostaleiro convidaba os mozos a masturbarse mentres vían películas pornográficas, realizaba ‘xogos’ de índole sexual cos menores, ben na súa propia casa, ou nun reservado privado do seu restaurante, e mesmo chegou a levar a un dos mozos a un prostíbulo.

Tamén o responsabiliza de enviar fotografías súas, de tipo sexual, aos mozos, aos que incitaba a que fixesen o mesmo. Se estes mostrábanse reticentes, tachábaos de ‘rajados’ ou ‘pichacorta’.

INHABILITACIÓN E INDEMNIZACIÓNS

Ademais das penas de cárcere, a Audiencia imponlle tamén a pena de liberdade vixiada durante un ano, unha vez que salga de prisión, así como “inhabilitación especial” para calquera profesión e oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular con menores de idade, por un período de tres anos superior ao da duración da pena de prisión.

Finalmente, a sentenza recolle que ‘Papuchi’ deberá abonar indemnizacións que suman 17.500 euros en concepto de responsabilidade civil ás vítimas.

A sentenza non é firme e pode ser recorrida en apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...