InicioVigo e contornaVigoA Xunta someterá a información pública nos próximos días a ampliación do...

A Xunta someterá a información pública nos próximos días a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo

O anuncio producese a un mes das eleccións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que espera someter a información pública nos próximos días a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo para avanzar na súa aprobación.

Antes de participar nun encontro na Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra (CEP) en Vigo, a conselleira concretou que, así, permitirase dispor de 250.000 metros cadrados máis para o asentamento de empresas neste parque empresarial cunha edificabilidade máxima de 165.000.

Vázquez apuntou que esta ampliación foi posible grazas ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o pasado 29 de novembro. Por outra banda, avanzou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traballa na tramitación do tres plans sectoriais que desenvolven o Plan sectorial do Campus Científico- Tecnolóxico do Mar na Etea, en Vigo.

Ademais, detallou que a parte relativa á área de viarios, espazos libres e infraestruturas xa conta co informe ambiental estratéxico, polo que o seguinte paso será a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). O informe ambiental do plan relativo á área de usos complementarios emitirase nos próximos días.

Así mesmo, o período de información pública do proxecto sectorial da área científico-tecnolóxica terminou este martes e, tras a análise das alegacións e unha vez que se conte cos informes sectoriais, realizaranse as modificacións oportunas para a súa aprobación no Consello.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...