InicioSociedadeSanidade dílle aos folguistas do Cunqueiro que antes están os pacientes que...

Sanidade dílle aos folguistas do Cunqueiro que antes están os pacientes que as súas reivindicacións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mostrouse aberto a dialogar "para poder solucionar" o conflito actual cos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs) do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, aínda que insistiu en que "o primeiro" é a atención e a seguridade dos pacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mostrouse aberto a dialogar “para poder solucionar” o conflito actual cos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs) do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, aínda que insistiu en que “o primeiro” é a atención e a seguridade dos pacientes.

En declaracións aos medios en Vigo antes de participar nunhas xornadas no HAC, o conselleiro remarcou que “hai varias sentenzas que dan a razón á Xerencia nesa decisión” de atribuír aos auxiliares de enfermaría a función de trasladar e depositar bolsas de roupa sucia nos puntos de recollida habilitados. O conselleiro, tal e como publica Xornal de Vigo, foi recibido polos traballadores ao berro de “dimisión” tras anunciar os auxiliares de Enfarmaría anunciaron unha folga de 24 horas este xoves.

Neste sentido, manifestou que “hai vías de diálogo e comunicación para poder solucionar” o conflito; con todo, polo menos “en principio e mentres non haxa outra orde ou unha revisión desa tarefa”, entende que estas labores teñen que ser asumidas por este colectivo. “En principio ten que ser así porque o máis importante é asegurar e velar pola atención ao cidadán, o bo servizo e a seguridade”, especialmente “nas zonas máis críticas do hospital”, insistiu.

En relación con iso, recoñeceu que noutros centros hospitalarios estas tarefas son realizadas por outro persoal, aínda que aclarou que iso depende “de como se estableza en cada hospital”. Fontes do Sergas referendaron, en declaracións a Europa Press, que “hai sentenzas que avalan estas decisións”, que non son “algo arbitrario nin capricho da administración”.

“Entendemos que son tarefas que poden realizar perfectamente e hai que chegar a acordos, diálogo”, subliñou o conselleiro, antes de reclamar que, en todo caso, “non haxa enfrontamento entre categorías profesionais” porque “sería un erro”.

ESTERILIZACIÓN E CELADORES

Noutra orde de asuntos, en relación cos problemas nos colectores que transportan material esterilizado na área sanitaria de Vigo, que obrigou a suspender numerosas cirurxías, o conselleiro rexeitou que esa situación tivese relación con que a esterilización se realice fóra do propio hospital Cunqueiro.

Así, apuntou que nalgúns centros a esterilización faise no propio hospital pero hai outros onde non, e lembrou que o informe dos técnicos explicou que o ocorrido en Vigo debeuse a “unha suma de factores”, os cales xa “se corrixiron”. “Entendemos que está solucionado“, resumiu.

Doutra banda, en canto á petición dos celadores de que sexan recoñecidos como profesión sanitaria, Vázquez Almuiña asegurou que valora “moitísimo” o seu labor, que, “do mesmo xeito que os TCAEs, é indispensable nos hospitais e en todo o nivel sanitario”, aínda que indicou que “nunca se pecha nada, pero é un tema que afecta o Ministerio” de Sanidade.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...