InicioSociedadeO goberno de Vigo aclara que a parella que vive no Barrio...

O goberno de Vigo aclara que a parella que vive no Barrio do Cura “ocupa ilegalmente” a casa, que é municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo aclarou este xoves que a parella que vive nunha casa no Barrio do Cura, ámbito no que se iniciaron traballos de demolición, está a ocupar “ilegalmente” dita vivenda, que é propiedade municipal.

Así o trasladaron fontes municipais, tras a denuncia realizada por Marea de Vigo, que expresou a súa sorpresa porque se iniciou a derriba das edificacións do ámbito, sen ter en conta que dous veciños están censados alí.

O goberno vigués precisou que estes dous veciños foron atendidos polos servizos sociais municipais, e que se atopan á espera de cobrar unha axuda (a renda activa de inserción). Mentres tanto, o Concello ofreceulles “varias posibilidades de axuda”, como o pago dunha pensión ou dun aluguer temporal, ata que poidan cobrar esa renda.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...