InicioPolíticaAbel Caballero: "Enérvame que veñan aquí dicir que A Coruña é máis...

Abel Caballero: “Enérvame que veñan aquí dicir que A Coruña é máis que Vigo en pesca”

O rexedor vigués critica o erro de Pablo Iglesias, pero responsabiliza disto á candidata de Unidas Podemos por Pontevedra, Yolanda Díaz. "Iso dino porque a candidata é da provincia da Coruña", di.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da agrupación socialista da cidade, Abel Caballero, volveu a criticar este xoves o “colonialismo político” de Yolanda Díaz, por presentarse como candidata de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra sendo de Ferrol, e tamén reprochou ao portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, que o “asuma”.

En declaracións aos medios, o rexedor socialista referiuse a a visita de Pablo Igresias a Galicia, e ás súas manifestacións sobre a importancia do porto da Coruña en canto a descarga de peixe fresco. “Non ten nin idea, non sabe do que fala. A Coruña descargou 42.000 toneladas, e Vigo descargou 72.000. E se contamos todo o conxunto da pesca, Vigo multiplicou as descargas da Coruña por 16”, afirmou.

No entanto, Abel Caballero non culpou a Igresias desa equivocación, senón que responsabilizou á “candidata” que lle acompañaba, en referencia a Yolanda Díaz. “É o colonialismo político de quen di que o porto máis importante é A Coruña, porque é de alí”, denunciou.

“Isto me enerva, e non o tolero. Iso é o que eu non quero. Que digan que A Coruña é máis que Vigo en pesca, porque a candidata por Pontevedra é de alí“, sentenciou e engadiu: “Mándannola para Pontevedra e para Vigo (a Díaz) porque non tiñan sitio para ela na Coruña e Ferrol”.

Caballero estendeu as críticas a Rubén Pérez e á Marea de Vigo, que “queda calada” ante ese “colonialismo”, “asente e asume a decisión”. Por iso, reiterou que o portavoz deste grupo “está inhabilitado para presentarse ás eleccións municipais”, por “aceptar que lle impoñan unha candidata da Coruña”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...