InicioSociedadeCualifican de "elitista" a proposta dunha folga sanitaria na zona de Vigo

Cualifican de “elitista” a proposta dunha folga sanitaria na zona de Vigo

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), reprobou outra das propostas xurdidas no encontro de facultativos realizado en Vigo a semana pasada, en concreto, a posibilidade de boicotear as eleccións sindicais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) tachou de “elitista” a proposta xurdida na asemblea de médicos de Vigo en relación á posible convocatoria dunha folga nesta área sanitaria en maio e advertiu de que limitala a esta zona podería “debilitar” as negociacións e mobilizacións do colectivo sanitario.

Nun comunicado, a entidade referiuse así á iniciativa xurdida na asemblea viguesa. Ademais, criticou as “inxurias” e “descualificacións” realizadas por parte os seus integrantes contra os representantes dos sindicatos que acordaron a desconvocatoria dos paros fixados para a semana pasada nos centros de Atención Primaria galegos.

Deste xeito, a asociación tamén reprobou outra das propostas xurdidas no encontro de facultativos realizado en Vigo a semana pasada, en concreto, a posibilidade de boicotear as eleccións sindicais. A este respecto, a ASGPD afirmou que se trata de “un desprezo aos procesos democráticos e ás organizacións representativas dos traballadores”.

Así mesmo, asegurou que algúns dos profesionais máis críticos coa xestión sindical “participaron amigablemente en acordos co Sergas” mentres este e outros colectivos “loitaban contra a privatización e o desmantelamento da sanidade pública”.

A asociación defendeu tamén a necesidade de prepararse por se os acordos expostos pola Consellería de Sanidade non frutifican, así como a importancia de centrarse nas reivindicacións do colectivo sanitario.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...