InicioSociedadeA Xunta reclama ao Goberno e ao Concello de Vigo o convenio...

A Xunta reclama ao Goberno e ao Concello de Vigo o convenio do abastecemeno para asinalo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitou o documento por carta para pechar a súa tramitación despois de que o alcalde de Vigo, anunciase que xa fora asinado polo municipio e a Condeferación Hidrográfica, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta solicitou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e ao Concello de Vigo que lle remitan o convenio que permitirá realizar un estudo para garantir o abastecemento de auga da cidade e a súa área asinada para rubricalo tamén.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitou o documento por carta para pechar a súa tramitación despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciase que xa fora asinado polo municipio e a Condeferación Hidrográfica, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

O tres entidades acordaron o pasado mes de outubro a realización e o financiamento conxunto deste estudo, cuxo orzamento ascende a 200.000 euros. Noutra orde de cousas, a conselleira tamén volveu a insistir na necesidade de que a concesionaria municipal da auga de Vigo actúe na estación potabilizadora de O Casal.

Así, lembrou que esta planta “presenta deficiencias (…) desde, polo menos, o ano 2008” e recalcou que, tras a seca rexistrada en 2017, o encoro de Eiras situábase no 38 por cento da súa capacidade, pero a potabilizadora non podía garantir a calidade da auga despois de tratala.

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...