InicioVigo e contornaVigoDenuncian a "paralización" do estudo para a saída sur do corredor ferroviario

Denuncian a “paralización” do estudo para a saída sur do corredor ferroviario

Inciden sobre a importancia de elaborar o estudo para poder incluílo no Corredor Atlántico e aspirar á "cofinancición comunitaria pola súa condición de tramo transfronteirizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recalcou que a saída a exposición pública do estudo informativo previo da conexión ferroviaria de Vigo con Portugal, a denominada saída sur, atópase “paralizada”.

Nunha reunión cos candidatos de En Marea ao Congreso pola provincia de Pontevedra Iris Malvido e Manuel González Moreira, Vázquez Mao incidiu na importancia de elaborar o estudo para poder incluílo no Corredor Atlántico e aspirar ao seu “cofinancición comunitaria pola súa condición de tramo transfronteirizo”, segundo recolleu a formación nun comunicado.

Así mesmo, Xoán Vázquez Mao abordou a situación das infraestruturas na comunidade autónoma e remarcou que se espera a resposta do ministro de Fomento, José Luís Ábalos, sobre o plan director do Corredor Atlántico “desde hai máis dun mes”.

Adicionalmente, na reunión abordáronse os temas que defende o Eixo Atlántico a nivel estatal, o investimento en I+D+i, a loita contra os incendios na fronteira de Galicia con Portugal e as relacións entre España e o país luso.

Neste contexto, Iris Malvido apostou por fomentar a innovación tecnolóxica para converter á provincia de Pontevedra no “Silicon Valley galego” e, deste xeito, evitar unha baixada dos salarios. Así, avogou polas novas tecnoloxías como un modo de mellorar a produtividade empresarial e o crecemento económico.

Ademais, Manuel González Moreira sinalou a importancia de reafirmar modelos sociais e de reforzar os servizos públicos “comprometidos pola crise (económica)”, como a sanidade, a educación e o sistema de pensións. Tamén remarcou a importancia de investir na atención á dependencia a través de axudas ás familias e de investigación de tratamentos.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...