InicioSociedadeTui será un dos concellos onde a Xunta merque inmobles abandonados nas...

Tui será un dos concellos onde a Xunta merque inmobles abandonados nas zonas vellas

Esta actuación enmárcase no programa 'Rexurbe', co que o Goberno galego traballa en recuperar zonas vellas de diferentes municipios e dar continuidade á oferta realizada en 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta adquirirá inmobles abandonados ou semiabandonados nos centros históricos de Betanzos, Ferrol, Ourense, Ribadavia e Tui, por un importa inicial de 1,5 millóns de euros para proceder á súa rehabilitación.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convocará un concurso público publicado este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) no que os propietarios interesados poderán ofrecer os seus inmobles se reúnen as características referidas na resolución.

Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, esta actuación enmárcase no programa ‘Rexurbe’, co que o Goberno galego traballa en recuperar zonas vellas de diferentes municipios e dar continuidade á oferta realizada en 2018, cando se compraron 26 inmobles de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense.

As propiedades deben estar situados nos ámbitos delimitados polo propio IGVS dentro dos cascos de Betanzos, Ferrol, Ourense, Ribadavia e Tui, nos ámbitos que recolle a resolución publicada no DOG.

Estas vivendas deberán reunir condicións óptimas de habitabilidade, poderán albergar polo menos unha vivenda por piso cun mínimo de dúas estancias que cumpran as condicións dimensionales establecidas na lei, ter unha fachada dun mínimo de catro metros e non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...