InicioSociedadePrimeira sentenza en Galicia que anula unha compra de accións da ampliación...

Primeira sentenza en Galicia que anula unha compra de accións da ampliación de capital do Popular

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo ditou a primeira sentenza en Galicia que anula unha compra de accións da ampliación de capital do Banco Popular, ao entender que a entidade incumpriu a súa obriga de facilitar “información exacta e veraz” sobre o seu estado financeiro real.

Segundo informou o despacho de avogados Pérez-Lema, a sentenza anula unha compra de accións correspondente á última ampliación de capital do Popular, realizada en 2016, e sinala que o banco non achegou información sobre a súa situación, impedindo que os investidores puidesen decidir “con pleno coñecemento dos riscos”.

O avogado Xoán Antón Pérez Lema precisou que o xulgado sinala que o folleto informativo do Banco Popular “contiña inexactitudes e erros contables“, de maneira que, na adquisición de accións por parte dos demandantes “produciuse un vicio no consentimento e foron subscritas con dolo ou erro invalidante”.

De feito, segundo se desprende do informe pericial presentado por DDC Consultores, os datos económicos da entidade facilitados na nota de valores de maio de 2016 “non ofrecen unha imaxe fiel do patrimonio da entidade, pois a previsión máxima de perdas contables era de 2.000 millóns de euros que, após a aprobación das contas anuais, traduciuse en perdas anuais de 3.485 millóns e un cargo a resultados de máis de 5.500 millóns de euros”.

PERDAS DE 4.000 MILLÓNS

Isto implica, segundo o perito, que nun ano apareceron perdas por máis de 4.000 millóns, “que estaban latentes no patrimonio da entidade e afloraron nas contas anuais após a entrada do novo Consello de Administración”.

Por todo iso, o xulgado declara, en sentenza firme, a nulidade relativa da adquisición das accións subscritas polos demandantes en xuño de 2016, por un importe de case 3.000 euros, que lles deberán ser reintegrados xunto cos intereses legais desde esa data.

Non entanto, Pérez Lema critica que o xulgado non condenase ao Popular ao pago das costas orixinadas aos demandantes, nunha “clara desproporción entre a capacidade das entidades financeiras para defenderse nos tribunais fronte aos pequenos accionistas para reclamar os seus dereitos”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...