InicioSociedadeCaballero defende ás auxiliares de Enfermaría do Cunqueiro: "Fan ben en non...

Caballero defende ás auxiliares de Enfermaría do Cunqueiro: “Fan ben en non recoller a roupa sucia”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que tome decisións” sobre a situación de “catástrofe” do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), e considerou que os auxiliares de enfermaría “fan ben” en non transportar as bolsas da roupa sucia até os puntos habilitados.

En declaracións aos medios este luns, Caballero trasladou a súa “inmensa preocupación co que segue pasando no Cunqueiro”, onde entende que hai “problemas sanitarios da maior gravidade”. En concreto, aludiu á “lista de espera inconmensurable, á saturación nos picos de gripe e á supresión de centos de operacións por un problema no sistema de esterilización”.

Censurou que “agora hai un problema adicional”, que é que “a empresa privada non quere pagar a limpeza, quere que se pague dende o público”. Non entanto, o hospital “non ten persoal” para recoller as bolsas da roupa sucia e “pretende que o fagan os auxiliares de enfermaría”. “Non o fan, e fan ben”, sentenciou.

“É o sistema, que é perverso, e estámolo pagando a xente de Vigo, os traballadores e os doentes, e xa estamos fartos”, espetou o rexedor, que criticou que namentres “non dimite ninguén, o conselleiro vai encantado da vida paseándose por todas partes e Feijóo sinxelamente non vai visitar o hospital”.

Abel Caballero nunha rolda de prensa / EP

A colación diso, chamou ao presidente autonómico a facer unha visita ao hospital e a “tomar decisións e asumilas“, xa que entende que esta situación a impuxo el “para dar negocio a empresas e facer un experimento en Vigo aforrando diñeiro”. “É unha catástrofe, pero pagámolo coa nosa saúde, e a saúde non ten prezo, e por tanto esixímoslle que tome decisións”, concluíu.

UNHA TRINTENA DE EXPEDIENTADOS

O colectivo de auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro realizou no últimos días varias concentracións en protesta pola “imposición” das tarefas de limpeza que “non lles corresponden” e que se ven “obrigados” a realizar baixo ameazas de “graves sancións e castigos” por parte da dirección do centro.

Fontes dos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs) comunicaron este luns a Europa Press que, por esta situación e ante a negativa dos traballadores a levar a cabo estas tarefas, até o momento abríronlles 32 expedientes e a maiores hai máis dun centenar “en trámite”.

Así mesmo, para dar resposta a esta situación o Sergas contratou a varios auxiliares, pero os TCAEs apuntaron que se recorreu para iso a “traballadores temporais sen praza fixa” que figuran na lista ‘Pool’, aos que están “coaccionando e ameazando con penalizar e colocar ao final da lista se se negan”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil atopa a unha menor deambulando soa por Nigrán

Unha unidade da Garda Civil de Trafico de Porriño localizou as 12:15 h. deste...

Xulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores,...

Un mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha moza en Vigo, á que ameazou cunha arma simulada

Un mozo enfróntase á pena de 3 anos de prisión como presunto autor dun...

Licitados por case un millón de euros os estudos do tramo de AVE entre O Porriño e a fronteira portuguesa

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou este venres da licitación, por case...