InicioVigo e contornaVigoO comité de empresa de Bosch en Vigo convoca un paro de...

O comité de empresa de Bosch en Vigo convoca un paro de 24 horas polos despidos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do ‘call center’ de Bosch en Vigo convocou unha xornada de paro de 24 horas para este mércores, para mostrar o seu rexeitamento á aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal que afecta a 540 traballadores.

Así o anunciou a CIG, sindicato maioritario entre o persoal, quen avanzou que, nesa xornada de folga, celebraranse concentracións de protesta fronte aos centros de traballo da Avenida de Madrid (de 11,30 a 12,30 horas) e da rúa María Berdiales (de 13,15 a 14,15 horas).

A CIG lembrou que a empresa está a aplicar, desde febreiro, un ERTE que afecta a 540 empregados, e xa despediu a outros 200 operarios que foran contratados a través de ETT. Segundo a central sindical, o expediente está a executarse tras un período de consultas no que a documentación entregada “foi insuficiente” e no que “nunca houbo ningún interese en chegar a un acordo”.

A ese respecto, o sindicato denunciou que “o único obxectivo” de Bosch é trasladar ao seu persoal as consecuencias económicas da súa “mala xestión”, e incidiu en que tanto Bosch como Vodafone “forman parte do macabro xogo da globalización capitalista”. “Vodafone toma a decisión de deslocalizar a carga de traballo e Bosch traslada as consecuencias desa decisión aos traballadores”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...