InicioSociedadeAlertan subidas nas taxas do Porto de Vigo do 158%, e Caballero...

Alertan subidas nas taxas do Porto de Vigo do 158%, e Caballero sinala á Xunta

O colectivo de empresas que opera no porto pesqueiro de Vigo (agrupadas en ARVI, Acopevi, Transfrío, e a Asociación de Vendedores e Consignatarios) denunciou este luns subidas nas taxas de ocupación e actividade na terminal olívica de ata o 158 por cento, que consideran "inasumibles".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo de empresas que opera no porto pesqueiro de Vigo (agrupadas en ARVI, Acopevi, Transfrío, e a Asociación de Vendedores e Consignatarios) denunciou este luns subidas nas taxas de ocupación e actividade na terminal olívica de ata o 158 por cento, que consideran “inasumibles”.

Segundo sinalaron nun comunicado, o Porto está a trasladar ás empresas eses novos custos na renovación das concesións dos almacéns da lonxa de O Berbés e outras instalacións, unha renovación que se iniciou en marzo e que continuará ao longo do ano.

Os incrementos nas taxas “van desde o 145 ao 158 por cento” e son xustificados polo Porto en base a un informe xurídico solicitado por Portos do Estado á Intervención Xeral que inclúe a estes usuarios nun epígrafe distinto. Deste xeito, pásase de aplicar o 0,5% en determinados gravames ao 6,5%, o que supón incrementos “desmesurados” nos canons de ocupación e actividade.

Os usuarios expresaron a súa preocupación polas repercusións que esta medida pode ter nun sector que xa vive un momento de incerteza polo ‘brexit’, polo descenso nos volumes de comercialización de 2018, así como polo impacto social nunha actividade que implica a 200 empresas e xera 4.500 empregos directos e indirectos.

Representantes deste colectivo trasladaron esa preocupación este luns ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, con quen mantiveron unha reunión.

Feijóo e Caballero mesmo tiveron algún momento para comentar algunha cousa / Miguel Núñez

Ao termo, o rexedor expresou o seu apoio a estes usuarios e esixiu ao Porto que explique os motivos deses incrementos. A ese respecto, advertiu de que dita subida de taxas non foi tratada nin informada convenientemente no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, da que forma parte.

Ademais, Caballero responsabilizou da situación ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foi “quen nomeou ao presidente do Porto de Vigo”, e tamén ao anterior goberno de España, o que presidía Rajoy, porque a medida se basea nun informe de Portos do Estado de 2017.

Finalmente, o rexedor incidiu en que a actividade pesqueira “é vital” para Vigo, e que “non se pode producir unha subida desa envergadura porque atenta contra a competitividade” deste sector. Ademais, engadiu, os usuarios non teñen constancia de que outros portos, como Marín ou A Coruña, aplicasen incrementos dese nivel.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...