InicioMedio Ambiente e PatrimonioO alumnado de Pazos de Borbén lánzase á reforestación do municipio

O alumnado de Pazos de Borbén lánzase á reforestación do municipio

A mocidade, co apoio de Carrefour, celebrou así o Día da Árbore.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, Pazos de Borbén acolleu esta mañá unha xornada de reforestación na que participaron corenta escolares do municipio e diversos traballadores e clientes dos centros Carrefour de Vigo e Pontevedra.

A plantación, promovida pola ONG FSC ( Forest Stewardship Council) e a cadea francesa de alimentación, incorpora técnicas novas como a creación de devasas verdes e o micorrizado de boletus, que permitirá nun futuro colleitar esta valiosa variedade de cogomelos.

No acto participou a conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Mejuto, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, a subdirectora xeral de relacións laborais na Xunta, María Coutinho Villanueva, e o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas.

Esta acción tiña como principal obxectivo rexenerar espazos forestais degradados a través de plans de xestión e lograr un impacto positivo tanto no ecosistema como na recuperación produtiva do monte veciñal.

Desta forma, plantáronse case un centenar de variedades frondosas autóctonas para servir de cortafuego verde, que ao mesmo tempo se xestionará como zona de especial conservación para a biodiversidade.

As devasas verdes son plantacións de frondosas caducifolias autóctonas que cumpren unha función de barreiras naturais, capaces de reducir a velocidade e intensidade dos incendios forestais pola súa capacidade de acumular máis humidade no chan e ser menos inflamables.

Outra novidade é que unha cuarta parte das novas árbores contan con micorrizados de boletus nas súas raíces, o que permitirá nun futuro a recolección destes apreciados cogomelos polos veciños.

Ademais, para protexer ás plantas da acción do gando e da fauna silvestre (especialmente corzo e xabaril), levantouse un peche perimetral no contorno da zona de plantación. Do mesmo xeito, a Comunidade de Montes de Cepeda asinou un acordo de custodia do territorio que se encargará de realizar o seguimento da plantación durante os próximos cinco anos, con especial atención á súa biodiversidade.

Este acordo de custodia inclúe un programa de educación ambiental dirixido aos escolares do municipio. A xornada, segundo indicou o alcalde de Pazos de Borbén, “supón unha gran iniciativa para recuperar unha zona moi castigada polos incendios, ademais dun gran exemplo de concienciación ecolóxica para os máis pequenos escolares e todos os veciños”, concluíu Igrexas.

ÚLTIMAS

A cocaína localizada nun colector portuario este martes estaba oculta nun dobre fondo: 520 quilos en 432 paquetes

Os máis de 500 quilos de cocaína localizados nas últimas horas nun colector no...

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...