InicioEconomíaO comité de empresa de Bosch en Vigo convoca un paro de...

O comité de empresa de Bosch en Vigo convoca un paro de 24 horas para o mércores

A CIG di que tanto Bosch como Vodafone "forman parte do macabro xogo da globalización capitalista".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa do ‘call center’ de Bosch en Vigo convocou unha xornada de paro de 24 horas para o vindeiro mércores, para mostrar o seu rexeitamento á aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal que afecta a 540 traballadores.

Así o anunciou a CIG, sindicato maioritario entre o persoal, quen avanzou que, nesa xornada de folga, celebraranse concentracións de protesta fronte aos centros de traballo da Avenida de Madrid (de 11,30 a 12,30 horas) e da rúa María Berdiales (de 13,15 a 14,15 horas).

A CIG lembrou que a empresa está a aplicar, desde febreiro, un ERTE que afecta a 540 empregados, e xa despediu a outros 200 operarios que foran contratados a través de ETT. Segundo a central sindical, o expediente está a executarse tras un período de consultas no que a documentación entregada “foi insuficiente” e no que “nunca houbo ningún interese en chegar a un acordo”.

A ese respecto, o sindicato denunciou que “o único obxectivo” de Bosch é trasladar ao seu persoal as consecuencias económicas da súa “mala xestión”, e incidiu en que tanto Bosch como Vodafone “forman parte do macabro xogo da globalización capitalista“. “Vodafone toma a decisión de deslocalizar a carga de traballo e Bosch traslada as consecuencias desa decisión aos traballadores”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...