InicioSucesosInterceptado un veciño do Rosal con tres armas brancas prohibidas no coche

Interceptado un veciño do Rosal con tres armas brancas prohibidas no coche

O condutor do vehículo foi denunciado por vía administrativa ante a Subdelegación do Goberno na provincia como presunto autor dunha infracción grave.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou este mércores nun control de estrada a un veciño do Rosal (Pontevedra) cando levaba no coche tres puñais, considerados como “armas prohibidas”.

Así o informou o Instituto Armado, que indicou que os feitos sucederon durante a mañá deste mércores no transcurso dun punto de verificación de vehículos que tiña establecido a Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil da Guarda no quilómetro 1,500 da estrada EP-3302, á altura de Valdemiñotos, no municipio do Rosal.

A sospeitosa manobra dun vehículo que se desviou por unha pista cando se decatou da presenza do control, activou a reacción da patrulla que non tardou en darlle alcance”, relatan as mesmas fontes.

Unha vez comprobada a identidade do condutor, que resultou ser un veciño do Rosal con antecedentes policiais por delitos de roubo, procedeuse á inspección do vehículo e no seu interior incautáronse tres puñais “de considerables dimensións, tipificados como armas prohibidas”, indican as mesmas fontes.

DENUNCIADO

O condutor do vehículo foi denunciado por vía administrativa ante a Subdelegación do Goberno na provincia como presunto autor dunha infracción grave á vixente Lei Orgánica de protección da seguridade cidadá.

A normativa vixente, en concordancia co Regulamento de Armas e Explosivos, prohibe a tenencia deste tipo de armas brancas fóra dos lugares habilitados para o seu uso, polo que esta persoa podería ser sancionada cunha multa de 601 a 30.000 euros. Dentro do mesma orde de actuacións tamén se lle propuxo para sanción por circular tendo caducada a preceptiva Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...