InicioSociedadePP e Marea critican ao alcalde por "insultar" aos celtistas que protestan...

PP e Marea critican ao alcalde por “insultar” aos celtistas que protestan polos problemas en Marcador

Caballero elude pronunciarse e remítese ao comunicado feito público polo concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos municipais do PP e Marea no Concello de Vigo tacharon de “bochornoso” e “temerario” que o alcalde, Abel Caballero, e o goberno local, insinúen que os afeccionados do R.C.Celta “levan pedras nos petos” para logo denunciar a caída de cascotes na bancada de Marcador do estadio de Balaídos.

Preguntado polos medios sobre o comunicado emitido polo goberno vigués este luns (no que se informaba dunha inspección da bancada de Marcador, e do feito de que os cascotes mostrados por afeccionados “non se corresponden” co material da bancada), o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, cualificou como “temerario” insinuar que os afeccionados “levan cascotes nos petos”.

Segundo apuntou, as fendas e problemas na bancada “son visibles” e o goberno local debería valorar a posibilidade de clausurar Marcador mentres non estea garantida a seguridade dos afeccionados.

Pola súa banda, a portavoz do PP, Elena Muñoz, denunciou que, ademais de “non ter respecto pola oposición, nin polo presidente do Celta”, agora o alcalde “tamén lle falta ao respecto aos afeccionados que denuncian”. “É bochornoso que un alcalde insulte a uns afeccionados preocupados pola súa seguridade”, proclamou, e avanzou que o seu grupo pedirá os informes técnicos que garanten que non hai riscos na bancada.

A ese respecto, mostrou a súa preocupación porque, apuntou, faise referencia a “inspeccións visuais”. “A última vez que o Concello se conformou con facer unha inspección visual, afundiuse un paseo. Parece que non aprenderon do erro”, sentenciou, en alusión ao accidente durante a celebración do festival O Marisquiño.

Finalmente, cuestionado acerca das críticas dos afeccionados, o alcalde da cidade, Abel Caballero, eludiu pronunciarse e remitiuse ao comunicado feito público nas últimas horas.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...