InicioSociedadeNace en Vigo o primeiro coro de Galicia para persoas con alzheimer...

Nace en Vigo o primeiro coro de Galicia para persoas con alzheimer e os seus coidadores

O coro 'Os sons da memoria' busca que os enfermos lembren os anos 60 a través da música.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O coro ‘Os sons da memoria’ será o primeiro creado para persoas con alzheimer e os seus coidadores en Galicia. Así, os ensaios celebraranse todos os mércores no Real Club Náutico de Vigo ás 12,00 horas desde esta semana.

O proxecto será posible en virtude dun acordo asinado este martes en Vigo entre representantes do Real Club Náutico da cidade, que acollerá as sesións de canto, a asociación galega Afaga Alzheimer, impulsora da iniciativa, e a Fundación Coral Casabranca, que impartirá as clases.

En rolda de prensa, o presidente da Fundación Coral Casabranca, Ignacio Amoedo, detallou que as clases serán de carácter gratuíto e que estará abertas a calquera persoa que padeza a enfermidade, independentemente de se pertence á asociación Afaga.

No entanto, si será a entidade centrada no alzheimer a que analice os perfís dos interesados co fin de crear un grupo homoxéneo que presente unha situación inicial da enfermidade.

PARTICIPANTES

Ademais, Amoedo indicou que nas sesións tamén colaborarán máis de dúas decenas de voluntarios da fundación. En concreto, o proxecto iniciarase este mércores, aínda que a inscrición continuará aberta todo o ano, e xa conta a participación de 18 persoas que padecen a enfermidade e 18 coidadores.

Na presentación, o director da Coral Casabranca, Óscar Villar, explicou que os temas musicais que se traballarán datarán dos anos 60 e 70. A razón desta elección é, segundo indicou, que son esas as datas nas que se enmarca a mocidade dos inscritos no proxecto, que na súa maioría son mulleres de entre 70 e 80 anos. Deste xeito, búscase que lembren esta época a través da música.

Así mesmo, Villar resaltou que o convenio asinado entre o tres entidades nace cunha vocación de “continuidade” e “sen limitación” temporal.

ÚLTIMAS

Un arrastreiro con base en Vigo localiza o cadáver dun home mentres faenaba en augas da Arxentina

Un arrastreiro con pavillón español e porto base en Vigo localizou o cadáver dun...

O PP de Vigo denuncia o “atraso inescusable” de Abel Caballero co plan contra inundacións

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou este xoves a falta de información...

O BNG de Vigo esixe a Abel Caballero que rexeite o acordo do SAF por ser unha “tomadura de pelo”

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu este xoves ao alcalde,...

Vigo, plató a ceo aberto os 365 días do ano: cando a cidade enteira se converte en ficción

Vigo xa non só se visita. Vigo róldase. Cada inverno, cando millóns de luces...