A corporación viguesa, encabezada polo alcalde e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11M e, por extensión, de todos aqueles que sufriron o “despropósito terrorista”.
O rexedor lembrou aos falecidos nos atentados de Madrid, nun “día de barbarie” que deixou unha “pegada indeleble” e un “rastro de dor” na sociedade española. Así mesmo, Abel Caballero reafirmou o compromiso das entidades locais e do movemento municipalista coas vítimas, incidindo en que se debe “honrar a súa memoria e manter vivo o seu recordo”.
Finalmente, o alcalde e presidente da FEMP subliñou, tras reiterar a “repulsa total” dos cidadáns a estes actos violentos, a súa “firme convicción” de que se ten que “derrotar ao terrorismo desde a democracia”. “Todos xuntos, unidos, somos imbatibles”, sentenciou.
