InicioSociedadeA Xunta avanza no proxecto de ampliación de San Paio de Navia...

A Xunta avanza no proxecto de ampliación de San Paio de Navia e o seu parque de vivendas protexidas

A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda licitou os contratos de servizos para a redacción de tres proxectos de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación de San Paio de Navia, en Vigo, onde se ampliará o parque de vivenda protexida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda licitou os contratos de servizos para a redacción de tres proxectos de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación de San Paio de Navia, en Vigo, onde se ampliará o parque de vivenda protexida.

Segundo precisou a Xunta nun comunicado, o importe destinado ás expropiacións ascende a case 80.000 euros. Ademais, levará a cabo un proxecto de expropiación para cada un do tres polígonos en que está dividida a ampliación e a data máxima de recepción de ofertas será o próximo 4 de abril.

Así mesmo, licitouse un contrato de servizo para realizar un estudo geotécnico para a redacción do proxecto de urbanización dos polígonos 1, 2 e 3 do Plan Parcial de San Paio de Navia.

A este fin adxudicouse un importe superior aos 31.000 euros e o prazo para poder presentar as ofertas finalizará o próximo día 15 de marzo.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...