InicioSucesosDetido un home por agredir a unha muller facéndose pasar por un...

Detido un home por agredir a unha muller facéndose pasar por un axente de policía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 39 anos, J.C.R.A, foi detido en Vigo como presunto autor dun delito de violencia de xénero que, supostamente, se produciu despois de que chamase á porta da vítima e asegurase ser policía para que ela lle abrise.

A Policía Local informou de que os feitos se produciron ás 11,45 horas deste martes na zona de Casabranca despois de que uns obreiros que traballaban nun edificio próximo asegurasen que escoitaran a unha muller que pedía auxilio. Tras desprazarse á zona, os axentes viron saír do edificio a un home que, ao decatarse da presenza policial, tentou fuxir, aínda que foi interceptado a continuación.

O home, que tiña unha orde de afastamento vixente respecto dunha residente no bloque, asegurou que acudira á vivenda para recuperar o cartón de transporte público da súa nai. Así, mostrou aos policías dito cartón e indicou a dirección do piso e os datos da muller que vivía na vivenda.

Mentres outra dotación policial retiña ao home, os axentes trasladáronse ao piso e atoparon a unha muller de 24 anos de idade que presentaba lesións na cara, choraba e parecía nerviosa. Esta trasladoulles aos funcionarios que o detido chamara á súa porta e, cando ela preguntou de quen se trataba antes de abrir, contestou que era “a policía”.

Ademais, a vítima asegurou que o presunto agresor empurrou dun modo brusco a porta en canto ela comezou a abrila golpeouna na cara. Así mesmo, comezou a agredila e a esixirlle a entrega do cartón.

Nese momento, segundo o relato da vítima, outro home de 28 anos que se atopaba na vivenda comezou a agredir ao detido, que puido escapar, mentres que a muller entregoulle o cartón para evitar novas agresións.

O home agredido confirmou a versión da nova, aínda que non quixo denunciar os feitos, e ela, tras ser asistida por persoal do 061, manifestou que se trasladaría polos seus propios medios para recibir a atención necesaria. Finalmente, os policías detiveron ao home e trasladárono a dependencias policiais para ser posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...