InicioMovementos SociaisCentos de persoas volven saír á rúa en Galicia para protestar a...

Centos de persoas volven saír á rúa en Galicia para protestar a sentenza da “Manada”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas convocadas por colectivos feministas concentráronse na tarde deste venres en diferentes cidades galegas para protestar contra a sentenza que condena a cinco membros da ‘Manada’ por un delito de abuso e absólveos de agresión sexual.

Estas concentracións chegan após as mobilizacións celebradas a semana pasada, o mesmo día no que se deu a coñecer o fallo xudicial e tamén nas xornadas seguintes, que se celebraron en distintas localidades da xeografía española e galega, e chegaron a congregar a varios miles de persoas.

Este venres, despois da pancarta ‘A complicidade institucional é violencia criminal’, e ao ritmo de varios cubos que algunhas participantes usaron como tambores repetíronse algunhas de consignas máis usadas por mor deste caso: “Eu si te creo”, “Non é abuso, é violación” e “A manada somos todas contra toda agresión”.

Acto seguido, unha das portavoces leu un comunicado no que se fixo eco da “rabia e indignación colectiva” ante esta sentenza que entenden que serve para “perpetuar a dominación masculina en calquera espazo”.

Os xuíces deste caso, censurou, “fan que se condene por abusos a cinco tipos que o que fixeron foi violar” a unha muller entre todos. “Unha violación” que, agregou, únese ás que sufriron “innumerables mulleres”.

“O caso da ‘Manada’ é un de tantos, pero a rúa e a noite tamén son nosas e querémonos sentir libres”, incidiu, a colación do que proclamou que os colectivos feministas non pararán “ata que as mulleres sexan libres”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...