InicioSociedadeO PP insiste co caso Silva e compara á presidenta da Deputación...

O PP insiste co caso Silva e compara á presidenta da Deputación con Puigdemont e Jesús Gil

Denuncia o "veto" a unha moción na Deputación e o uso de funcionarios para facer "informes a medida".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo comparou este xoves ao goberno local e á súa forma de actuar con “a Marbella de Jesús Gil“, tras a sentenza que condena a un alto funcionario polo ‘enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria, e advertiu de que vai destapar ” toda a corrupción” no Consistorio.

Así o manifestou en rolda de prensa o concelleiro ‘popular’ Miguel Fidalgo, quen criticou que a tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra non estivese presente no pleno extraordinario no que se falou desa condena e dese ‘enchufe’. “Carmela Silva fíxose un Puigdemont, fuxiu“, afirmou.

O edil do PP criticou que, “igual que fixo para ‘enchufar’ á súa cuñada”, Silva non quixo “dar a cara no pleno” e “mandou a outros para que lle fixesen o traballo sucio”.

Así mesmo, advertiu de que “as coaccións e ameazas non lle van a funcionar co PP“. “Imos destapar toda a corrupción do Concello, por iso pedimos a lista de contratados nas concesionarias municipais e a lista de traballadores temporais do Concello. Porque toda a cidade sospeita que hai máis familiares (de cargos) do PSOE contratados daquela maneira”, sentenciou.

Finalmente, Miguel Fidalgo aseverou que, ante estas situacións, “é urxente un cambio político, para abrir xanelas e que corra o aire“, porque “12 anos de tropelías son suficientes”. “Isto cada vez parécese máis á Marbella de Jesús Gil”, recalcou.

“VETO” NA DEPUTACIÓN

Por outra banda, varios deputados provinciais do PP, encabezados por Elena Muñoz, compareceron este xoves para denunciar o “veto” a que se debatese unha moción no pleno da Deputación de Pontevedra, sobre as “responsabilidades políticas” de Carmela Silva, tras a sentenza sobre o ‘enchufe’ do seu familiar.

Muñoz acusou a Silva de “utilizar a funcionarios públicos para que lle fagan informes a medida”, en alusión a un informe do secretario que rexeita a moción do PP por atentar contra dereitos fundamentais da presidenta do organismo provincial.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...