InicioSociedadeSó o grupo de goberno vota a favor de pedir á Xunta...

Só o grupo de goberno vota a favor de pedir á Xunta que facilite a ampliación do polígono de Balaídos

PP e Marea lembran que PSA non pediu tal actuación con urxencia e tachan a petición de "ocorrencia"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Vigo aprobou en solitario este mércores unha moción para instar á Xunta de Galicia a que “facilite” a ampliación do polígono industrial de Balaídos. Os grupos de PP e Marea abstivéronse e alegaron que “non hai urxencia” nesa ampliación, ademais de que PSA “non o pediu”.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, defendeu que a proposta do seu grupo garante a competitividade do sector da automoción e a localización de empresas auxiliares no marco dunha industria “fundamental” para a economía viguesa e galega. Lembrou que xa houbera un acordo entre Concello e Zona Franca para levar a cabo dita actuación, recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e logo anulada polo Tribunal Supremo a fins do 2015.

Por iso, instou ao goberno galego a “facilitar” esa ampliación, sobre a que o alcalde pediu que se tramitase ao amparo da lei 3/2016. Caride asegurou que é “urxente” e “imprescindible” esa actuación, pero “a sorpresa é que a Xunta non quixo sequera valorar esa proposta”. Ademais, engadiu que PSA Peugeot Citroën “di que si” é necesaria esa ampliación.

As críticas á Xunta tamén apuntaron á cuestión do solo industrial. Mentres llo “nega” a Vigo, “está a desenvolvelo no resto de Galicia para telo a monte”, lamentou a socialista. Coida que se está xerando unha “competencia desleal”, froito de abaratar o prezo do chan para poder saída a esa “sobreoferta”.

“RESPONSABILIDADE” DO GOBERNO LOCAL

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal de Marea, Rubén Pérez Correa, advertiu de que, se o goberno local asegura que foi PSA a que pediu a ampliación do polígono de Balaídos, “está a mentir”. Así mesmo, subliñou que, o que reclamou no seu día a dirección viguesa de PSA foron medidas para a edificabilidade dentro do seu propio recinto, algo para o que se aplicou a lei 3/2016. “O que pasou a partir de aí, é responsabilidade do goberno local”, sentenciou. Insistiu en que esa lei autonómica non pode servir para recalificar un chan que non é industrial (o que se ocuparía na ampliación)

A concelleira do PP, Teresa Egerique, tachou de “ocorrencia” e “mentira” do alcalde a petición de ampliación do polígono onde está PSA, e sinalou que os ‘populares’ están “preocupados” pola localización de empresas, porque “en Vigo non hai chan industrial”. “Veñen agora, despois de 12 anos sen desenvolver nin un só metro cadrado de chan, non teñen vergoña”, proclamou. Engadiu que “este é un debate sen sentido”, porque “está máis que demostrada a aposta da Xunta pola automoción e por Citroën”.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...