InicioCulturaOs Morancos celebrarán en Vigo catro décadas de humor co espectáculo 'X40+'

Os Morancos celebrarán en Vigo catro décadas de humor co espectáculo ‘X40+’

No seu espectáculo contarán cunha impresionante posta en escena, na que destaca a presenza dunha pantalla de vídeo articulada xigante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os irmáns César e Jorge Cadaval celebrarán en Vigo o seu catro décadas sobre os escenarios, co espectáculo ‘X40+’, que poderá gozarse no Auditorio Mar de Vigo, os próximos 1 e 2 de xuño (entradas en www.ticketea.com, www.auditoriomardevigo.com e tenda Elepé).

Tras a boa acollida dos seus anteriores espectáculos de teatro, ‘En Positivo’, ‘Antónimos’ e ‘Antónimos 2’, Os Morancos regresan aos escenarios para celebrar 40 anos de carreira profesional cunha festa sorpresa organizada por dúas dos seus personaxes, Omaita e Antonia.

Mentres se prepara o evento, Jorge e César están inmersos nunha profunda crise emocional, derivada da dilatada traxectoria como parella artística, e un deles, de feito, está en paradoiro descoñecido.

Os Morancos queren reinventarse logo de catro décadas nos escenerios

Con estas vimbias técese o argumento do espectáculo, no que Os Morancos pretenden reiventarse e crear algo completamente novo. Para iso, entre outros elementos, contarán cunha impresionante posta en escena, na que destaca a presenza dunha pantalla de vídeo articulada xigante.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...