InicioCulturaPor fin o museo MARCO ten novo director

Por fin o museo MARCO ten novo director

Miguel Fernández Cid substituirá a Iñaki Martínez Antelo, que cesou como director a finais de 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comisión técnica de expertos formada para a elección do novo director do museo MARCO de Vigo trasladou ao padroado do museo a súa proposta unánime de nomear a Miguel Fernández Cid para ese cargo, en substitución de Iñaki Martínez Antelo, que cesou como director a finais de 2017.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen valorou a traxectoria e valía profesional do novo director do MARCO, elixido nun proceso con “toda a transparencia, independencia e rigorosidade”.

Fernández Cid é licenciado en Xeografía e Historia, e en Historia da arte, pola Universidade Complutense; profesor en varias institucións académicas; membro da Real Academia Galega de Belas Artes; Premio Cultura Galega de Artes Plásticas; membro do Consello da Cultura Galega; director do CGAC entre 1998 e 2005; e, desde 2010, director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

O rexedor volveu a incidir en que “é a primeira vez” que un director do MARCO é elixido por unha comisión de expertos independente, nun proceso de concurso público, e sinalou que foi “un acerto” este modelo de elección.

“Espero que algúns pidan desculpas, os que fixeron disto unha batalla política, porque querían nomear eles ao director”, afirmou, en alusión ás críticas da oposición, e asegurou que “algúns” chegaron mesmo a darlle “algún nome” para ese cargo de director do museo.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...