InicioSociedadeCárcere para os donos dun club de alterne de Vigo por non...

Cárcere para os donos dun club de alterne de Vigo por non ter dadas de alta a traballadoras

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous responsables dun club de alterne de Vigo enfróntanse a unha petición de pena de 3 anos de cárcere cada un, acusados dun delito contra os dereitos dos traballadores, por ter a varias empregadas no local sen estar dadas de alta na Seguridade Social.

Así, a xerente do local (e administradora da sociedade), N.P.V., e o cogerente do mesmo, D.F.R., serán xulgados este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, ambos os acusados, de común acordo, tiñan traballando no local a varias mulleres que exercían actividades do alterne, e que non estaban dadas de alta na Seguridade Social.

En novembro de 2017, sinala o escrito, había 11 empregados no local: un camareiro, unha camareira, un porteiro e 8 mulleres que exercían actividades de alterne. Destas últimas (de varias nacionalidades), só unha traballadora estaba dada de alta na Seguridade Social.

Por estes feitos, o ministerio público acusa a N.P.V. e D.F.R. dun delito contra os dereitos dos traballadores, e pide para cada un deles unha pena de 3 anos de cárcere. Así mesmo, reclama que a muller pague unha multa de 3.600 euros, e que o local sexa clausurado por un período de 5 anos, ademais de que indemnicen á Seguridade Social polas cotas non satisfeitas.

O xuízo celebrarase o mércores 27 na Audiencia Provincial de Pontevedra, na sección de Vigo, ás 09,45 horas.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...