InicioSociedadeCaballero responde ás críticas de Feijóo polo mal estado dos accesos ao...

Caballero responde ás críticas de Feijóo polo mal estado dos accesos ao Meixoeiro: “Só se acorda en período de eleccións”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores ás críticas da Xunta polo mal estado dos accesos do hospital Meixoeiro, e lembrou que, desde 2015, o goberno autonómico ten sobre a mesa unha proposta de convenio remitida polo Concello olívico para "cofinanciar" a mellora da contorna do hospital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores ás críticas da Xunta polo mal estado dos accesos do hospital Meixoeiro, e lembrou que, desde 2015, o goberno autonómico ten sobre a mesa unha proposta de convenio remitida polo Concello olívico para “cofinanciar” a mellora da contorna do hospital.

Segundo explicou o alcalde, fai catro anos Sanidade expuxo ao consistorio a mellora deses espazos e accesos “e desde aquel momento ata agora, o único que fixo foi baleirar o hospital”, por tanto instou, en primeiro lugar, a abrir máis camas e dotar de máis servizos ese centro sanitario.

En segundo lugar, Caballero incidiu en que, en 2015, o Concello fixo unha serie de formulacións técnicas e propuxo un convenio para “cooperar no financiamento dunha mellora que ten que ver cunha instalación sanitaria”, sen obter resposta.

Segundo sinalou, a Xunta “só acórdase destas cousas cando chegan as campañas electorais, pero cando hai que achegar recursos se esquecen”. “Só se acordan en época electoral, despois escurren o vulto e non dedican diñeiro a mellorar as inmediacións dun hospital”, aseverou e engadiu: “Baste como referencia o Álvaro Cunqueiro. Fíxose á brava e a contorna, non se preocupan del. Iso si, cobran o aparcadoiro”.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...