InicioVigo e contornaVigoPiden cambiar o nome da Praza de Vigo, en Santiago, pola de...

Piden cambiar o nome da Praza de Vigo, en Santiago, pola de Rosalía de Castro

Unha asociación de veciños pide ao concello que faga desta praza un "polo" de atracción turística en torno a figura da escritora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

De Praza de Vigo a Praza de Rosalía de Castro. Esa é a proposta que fai a Asociación de Veciños do Ensanche ‘Raigame’ ao Concello de Santiago para honrar á escritora que naceu nesta zona da capital galega cando era outro concello diferente, o de Conxo.

Ademais de rebautizar a praza na que Rosalía veu ao mundo, ‘Raigame’ instou ás institucións a converter a Praza de Vigo nun “polo” de atracción turística para os visitantes de Santiago ao redor da figura da creadora de ‘Cantares gallegos’.

Nun tempo necesitado de referentes, ninguén mellor que Rosalía polo que supuxo para a muller do seu tempo e porque é unha referencia para as mulleres de hoxe en día e para calquera persoa”, asegurou Xosé Manuel Durán, presidente da entidade.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...