InicioSociedadePiden penas de cárcere para dous acusados sorprendidos en Vigo con 83...

Piden penas de cárcere para dous acusados sorprendidos en Vigo con 83 gramos de cocaína

Tamén se xulgará outro acusado que ocultaba a droga nun cemiterio e un que a vendía nun bar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 9 anos de prisión para dous acusados de tráfico de drogas, aos que se interviñeron máis de 80 gramos de cocaína e máis de 1.200 euros en billetes cando circulaban nun coche no partido xudicial de Vigo.

A.A.F. e M.C.L.L serán xulgados este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes, na modalidade de drogas que causan grave dano á saúde.

Segundo o escrito de acusación pública, ambos foron sorprendidos nun coche o pasado 2 de novembro de 2017. A Policía interviulles 83,2 gramos de cocaína que A.F.F. levaba ocultos na súa roupa interior, así como 1.210 euros en metálico, que M.C.L.L. transportaba no seu bolso.

Ademais da droga e o diñeiro, incautáronselles tres teléfonos móbiles que, segundo a Fiscalía, utilizaban na súa actividade ilícita. A cocaína intervida foi valorada en máis de 8.500 euros en venda por gramos, que ascenderían a máis de 15.000 euros se se vendese por doses.

O ministerio público pide para cada un deles 4 anos e medio de cárcere e o pago dunha multa de 40.000 euros.

OUTROS XUÍZOS

A sección quinta da Audiencia Provincial tamén acollerá este martes outras dúas vistas. Nunha delas, xulgarase a F.J.P.P., acusado de vender droga no bar que rexentaba a súa parella, que foi quen denunciou os feitos.

A Policía atopou dúas papelinas de cocaína no bar. Ademais, nun bolso que o sospeitoso deixara noutro establecemento, os axentes deron con varios anacos de resina de cannabis, un par de botes de plástico con máis de 15 gramos cocaína, unha balanza de precisión, unha navalla e outros efectos para preparar as sustancias estupefacientes.

Por estes feitos, a Fiscalía pide que sexa condenado a tres anos de medio de cárcere por tráfico de drogas, e ao pago dunha multa de 3.000 euros.

Finalmente, xulgarase a J.S.P., que foi sorprendido pola Policía cando vendía a outra persoa unha papelina de cocaína nas inmediacións do cemiterio de San Tomé de Freixeiro en Vigo. Os axentes atoparon, escondidos no osario do camposanto, unha bolsa con case 3 gramos de heroína, papel de aluminio con restos de cocaína e heroína, unha balanza, e unha arma branca.

O ministerio público pide para este acusado 4 anos e 9 meses de cárcere e o pago dunha multa de 600 euros.

ÚLTIMAS

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE...

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

As obras da bancada de Gol comezarán a finais de xaneiro e a Avenida de Madrid en marzo, anuncia Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as obras da bancada de Gol...