InicioPolíticaComezan as obras da Vía Verde de Vigo: tres quilómetros de paseo...

Comezan as obras da Vía Verde de Vigo: tres quilómetros de paseo entre Urzáiz e a fronteira con Redondela

As obras da Vía Verde de Vigo, que discorrerá durante máis de 3 quilómetros polas antigas vías férreas entre a zona da estación de tren de Urzáiz e o límite co termo municipal de Redondela, iniciáronse este xoves e terán unha duración estimada de seis meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras da Vía Verde de Vigo, que discorrerá durante máis de 3 quilómetros polas antigas vías férreas entre a zona da estación de tren de Urzáiz e o límite co termo municipal de Redondela, iniciáronse este xoves e terán unha duración estimada de seis meses.

A actuación, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, permitirá a creación dun paseo de cinco metros de ancho, dos que tres corresponderán ao carril adaptado para bicicletas e outros dous estarán reservados para o camiño peonil. Segundo explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa, a pesar dos traballos de execución manteranse algunhas das antigas vías ferroviarias.

O acceso á Vía Verde desde o centro da cidade será posible a través dunha pasarela entre Vía Norte e rúa Navarros e, desde a zona de Teis, mediante unha rampla situada na avenida de Buenos Aires.

Por outra banda, na rolda de prensa deste xoves, o rexedor explicou que máis de 46.000 leiras de Vigo serán edificables coa aprobación da ordenación provisional. Caballero explicou que só resta a aprobación de Portos de Galicia –as demais administracións implicadas xa o facilitaron– aínda que o deu por suposto xa que, segundo sinalou, xa se acometeron as “modificacións necesarias” para dar obter o informe favorable desta entidade.

Caballero explicou que xa se notificou ao 81 por cento dos propietarios dos terreos que serán edificables a través de correo postal e electrónico e engadiu que, para que as persoas coas que non foi posible porse en contacto reciban esta información, tamén se publicará no Boletín Oficial do Estado (BOE).

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...