InicioVigo e contornaVigoCortes na N-550 en Redondela por traballos na ponte metálica

Cortes na N-550 en Redondela por traballos na ponte metálica

Os traballos de renovación da ponte metálica de Redondela comezaron en marzo de 2017 e prolongáronse no tempo "debido aos horarios de traballo, moi limitados", segundo Adif.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif avisa de que os traballos na ponte metálica de Redondela (Pontevedra) obrigarán a realizar cortes alternativos da estrada N-550 entre o 18 e 22 de febreiro.

Segundo informou Adif, ten previsto iniciar durante a noite do luns 18 de febreiro a retirada da estada empregada para “os traballos de renovación, reparación e reforzo da ponte metálica ferroviario de Redondela, que se viñeron desenvolvendo durante os dous últimos anos”.

Os traballos realizaranse entre os días 18 e 22 de febreiro, en horario nocturno, de 23,00 a 6,00 horas, polo que “non afectará o servizo ferroviario de viaxeiros”, concreta Adif, pero “si obrigará a realizar cortes alternativos de carrís, con desvíos debidamente sinalizados, da estrada N-550 no tramo urbano de Redondela”.

Adif lamenta “as molestias que estas actuacións, que redundarán nunha mellora do servizo ferroviario na liña de ancho convencional Redondela-Santiago, poidan ocasionar aos usuarios” e cidadáns en xeral, ao mesmo tempo que “agradece a súa comprensión”, engade.

RENOVACIÓN

Os traballos de renovación da ponte metálica de Redondela comezaron en marzo de 2017 e prolongáronse no tempo “debido aos horarios de traballo, moi limitados, deseñados co fin de afectar na menor medida posible ao tráfico ferroviario”, explica Adif.

A obra incluíu o reforzo de elementos da estrutura metálica, como o reforzamento inferior ou a substitución de traveseiros. Ademais, actuouse sobre os arcos de aproximación, estribos e a propia vía férrea, así como sobre as bases de pilas e aparellos de apoio a última fase de traballos.

O orzamento total da intervención, “cuxo fin é garantir a continuidade da vida útil da estrutura en condicións óptimas de servizo”, destaca Adif, foi de 2.179.800 euros (sen IVE).

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...