InicioMedio Ambiente e PatrimonioA presentación do novo bosque autóctono con máis de 12.000 metros cadrados...

A presentación do novo bosque autóctono con máis de 12.000 metros cadrados ilusiona Soutomaior

Está prevista tamén a creación de diferentes áreas de descanso que servirán de miradoiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Soutomaior presentou esta semana o proxecto “ Arboretum”. Unha iniciativa coa que se recuperará a contorna do novo instituto público mediante a creación dun bosque de especies autóctonas, e máis de 12.000 metros cadrados, con fins educativos.

A plantación dos primeiros exemplares está prevista antes da chegada da primavera. A iniciativa ten como principal obxectivo difundir a riqueza forestal dos bosques autóctonos e conseguir unha colección de especies arbóreas o máis representativa posible que permita a creación de varios percorridos didácticos.

A intención, indicou Reguera durante a presentación, é que o novo bosque se integre dentro dos espazos educativos do instituto. “O novo bosque será a aula de natureza do instituto e servirá para mellorar a educación ambiental dos alumnos”, destacou o edil.

O bosque contará con máis de 30 especies autóctonas e representativas do bosque atlántico tradicional. Para iso, seleccionáronse exemplares de variedades de “carballeiras, bidueiros ou acivros”, ademais de dez especies diferentes de arbustos.

Para fomentar a difusión deste bosque educativo, crearanse percorridos didácticos nos que se terá en conta o acceso de persoas con mobilidade reducida ou problemas de visión, de maneira que se poidan realizar traxectos alternativos adaptados a diversos colectivos.

A instalación do novo bosque ten unha dobre vantaxe, xa que ademais de supoñer unha ferramenta práctica ao servizo da comunidade educativa, servirá para recuperar os terreos anexos ao instituto tras os movementos de terras necesarios para a construción do centro.

“Xa encargamos todas as árbores e, se a meteoroloxía o permite, nun par de semanas comezaremos coa plantación e a creación das sendas”, indicou Reguera, que explicou que “a plantación das primeiras árbores está prevista para finais deste mes para que a chegada da primavera favoreza o arraigamento”.

Por último, aproveitando a altitude do terreo, está prevista a creación de diferentes áreas de descanso que servirán de miradoiros desde os que se poderá contemplar a paisaxe e gozar das excelentes vistas panorámicas que ofrece a desembocadura do río Verdugo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...